8 de julio de 2015

Excavación arqueológica para la cimentación de una vivienda

Hace unos días empezamos la excavación de una vivienda unifamiliar. La vivienda estaba próxima a un castro que todavía no ha sido excavado, y por lo tanto se hizo necesaria la presencia de una arqueóloga durante la excavación. Para sorpresa de la arqueóloga y de todos los presentes, y para desesperación de las personas que quieren construir su casa, empezaron a aparecer trozos de cerámica, que según una primera apreciación de la arqueóloga eran de origen romano. 
Resto de anfora supuestamente romana

La pala tuvo que empezar a ir más despacio, dejando de excavar cuando la arqueóloga intuía la presencia del sustrato arqueológico. En una esquina apareció una vasija entera que tuvo que ser retirada con mucho cuidado. Fueron apareciendo unas piedras, que conformaban un muro en parte derrumbado, que supuéstamente pertenecía a una construcción romana.

Muro excavado
























Vistos los hallazgos, la Arqueóloga decidió paralizar la excavación para poder estudiar la situación, definir el sustrato y consultar con el organismo encargado de la protección del patrimonio, las medidas a tomar a partir de ese momento.




Hueco donde apareció la vasija

De acuerdo con los responsables autonómicos definimos una nueva cimentación de la vivienda para su aprobación, sustentada en unos pocos puntos, en vez de en zapatas corridas como estaba pensado,.
Se aprobó la excavación para la nueva cimentación, siguiendo un informe realizado por la arqueóloga, que a partir de ese momento y en todo lo que afectara al sustrato arqueológico, debía de realizar la excavación con técnica arqueológica y sin intervención de medios mecánicos.
Arqueólogos en plena excavación


Marcado de las zapatas a excavar


Estamos por lo tanto realizando la excavación para la cimentación de la vivienda con un equipo de arqueólogos. Los paletines, el trowel, el pico de mano, etc han sustituido a la pala excavadora.
Es la primera vez, que en una excavación de las obras en las que participo, aparece algo interesante. Si no fuera por qué lo que se quiere hacer es construir una vivienda, sería fantástico.

Menos mal que es verano, y las condiciones se prestan para este trabajo.
Espero que no duren  mucho estos trabajos, y los plazos para la construcción no se alargue mucho, sobre todo por los futuros usuarios.



Escavación arqueolóxica para a cimentación dunha vivenda

Hai uns días empezamos a escavación dunha vivenda unifamiliar. A vivenda estaba próxima a un castro que aínda non fora escavado, e polo tanto se fixo necesaria a presenza dunha arqueóloga durante a escavación. Para sorpresa da arqueóloga e de todos os presentes, e para desespero das persoas que queren construír a súa casa, empezaron a aparecer anacos de cerámica, que segundo unha primeira apreciación da arqueóloga eran de orixe romana. A pa tivo que empezar a ir máis a modo, deixando de escavar cando a arqueóloga intuía a presenza do substrato arqueolóxico. Nunha esquina apareceu unha vasixa enteira que tivo que ser retirada con moito coidado. Foron aparecendo unhas pedras, que conformaban un muro en parte derrubado, que supostamente pertencía a unha construción romana.
Vistos os achados, a Arqueóloga decidiu paralizar a escavación para poder estudar a situación, definir o substrato e consultar co organismo encargado da protección do patrimonio, as medidas a tomar a partir dese momento.
De acordo cos responsables autonómicos definimos unha nova cimentación da vivenda para a súa aprobación, sustentada nuns poucos puntos, en vez de en zapatas corridas como estaba pensado.
Aprobouse a escavación para a nova cimentación, seguindo un informe realizado pola arqueóloga, que a partir dese momento e en todo o que afectase ao substrato arqueolóxico, debía de realizar a escavación con técnica arqueolóxica e sen intervención de medios mecánicos.
Estamos polo tanto a realizar a escavación para a cimentación da vivenda cun equipo de arqueólogos. Os paletines, o trowel, o pico de man, etc substituíron á pa escavadora.
É a primeira vez, que nunha escavación das obras nas que participo, aparece algo interesante. Se non fose por qué o que se quere facer é construír unha vivenda, sería fantástico.

Menos mal que é verán, e as condicións se prestan para este traballo.
Espero que non duren moito estes traballos, e os prazos para a construción non se alongue moito, sobre todo polos futuros usuarios.

1 de julio de 2015

Implantación dun campo de Golf no interior de Galicia

Isto é unha proposta teórica para a implantación dun desenvolvemento urbanístico vinculado a un campo de golf: se ben un desenvolvemento urbanístico desconectado dun núcleo de poboación non parece unha solución moi sostible, e se de grande impacto tanto paisaxístico como enerxético,  intentouse con este estudio diminuír este impacto, facendo este desenvolvemento o máis compatible posible co territorio no que se incorpora.
A proposta de implantación dun campo de Golf cun desenvolvemento residencial vinculado, xurdiu na redacción do Plan xeral Municipal. Ante a necesidade de compatibilizar un desenvolvemento económico do municipio coa conservación do territorio propúxose a realización dun campo de Golf respectuoso co ámbito e fíxose este estudio para plasmar como declaración de intencións para autorizar á súa implantación. A proposta alberga criterios de sostibilidad de forma global, entre os que se atopaban formulacións de aproveitamento enerxético.
A proposta propoñía urbanizar algo máis de 1 millón de metros cadrados, nun zona rústica de topografía suavemente ondulada, ocupada maioritariamente por pastos e pequenas masas arbóreas autóctonas e de reforestación. Propoñíase a localización dun campo de Golf de 18 buratos cun hotel e club social e unhas 400 vivendas.
Definíronse unhas estratexias tanto no nivel da ordenación, coma da futura edificación, entendidas como partes dunha formulación global coherente. É dicir, intentábase, por un parte, regular a ordenación do conxunto e por outra parte definir unhas ordenanzas para a edificación, que respondesen nos dous niveis aos mesmos principios.

A intervención virá definida segundo os seguintes criterios de actuación:
  1. Unha integración da inserción tanto da urbanización,como das edificacións, instalacións e o campo de Golf no territorio rural que se vai ocupar.
  2. minimización dos impactos da implantación da urbanización e as edificacións no entorno no que se van localizar.
  3. A observación e conservación dos valores naturais e antrópicos da explotación económica do territorio do espacio no que se inserta a urbanización.

Dende este triple criterio atenderase os seguintes aspectos da intervención:
  • A orografía: toda a intervención farase cunha mínima modificación da topografía existente, adaptándose tanto no recorrido do campo de Golf como na ordenación viaria, e na implantación dos usos e instalacións, as formas do estado actual do territorio, preservando deste xeito o aspecto xeral do mesmo.
  • Sistema hidráulico: Toda a actuación intentará integrar na ordenación os cursos superficiais de auga, propoñendo as actuacións e sistemas necesarios para manter a rede tanto superficial como no que atinxe aos acuíferos nun bo estado de cantidade e calidade da auga.
  • Ambiente natural do territorio: A ordenación terá en conta as especie e os especímenes vexetais existentes no ámbito de actuación, e manterá na medida do posible as súas relacións con obxecto de preservar a diversidade biolóxica existente tanto das especies naturais como as cultivadas e productivas no entorno da actuación.
  • Estructura económica: As actuación serán respectuosas coas actividades productivas do entorno, e terase como obxectivo o mantemento das explotacións agropecuarias que existen no derredor sen merma para as condicións do seu desenvolvemento.
  • Rede de comunicacións. O sistema de camiños e estradas manterá  a conexión coa rede actual, procurando integrar os recorridos usados pola poboación do entorno na ordenación da urbanización e na implantación do novo viario.
  • Territorio construído: A construcción do territorio estará baseado na integración das formas e dimensións coas das zonas limítrofes, e as novas edificacións (excepto os usos máis singulares) manterán a concordancia coas edificacións tradicionais existentes na zona, no que atinxe ás dimensións e ás proporcións básicas entre o edificado e o baleiro.

Todos estes aspectos teranse en conta aplicando algunhas estratexias, de xeito global dende a ordenación proposta polos instrumentos de planeamento urbanístico na ocupación do territorio, e particularmente  para os distintos usos dende as distintas accións na construcción das diferentes edificacións e instalacións ordenadas polo planeamento.
O obxectivo xeral das estratexia a implementar será a conexión real da urbanización co entorno inmediato, facendo una integración dos procesos naturais na propia urbanización de xeito que estes poidan ser observados e entendidos por parte da poboación local xa establecida no entorno e por parte  dos novos moradores, para incorporar doadamente todos estas estratexias á vida cotiá da urbanización e dos seus habitantes.

ESTRATEXIAS DE ORDENACIÓN.
A implantación dos usos no territorio realizarase adaptándose na medida do posible á topografía existente, adoptándose unha ordenación orgánica compatible co territorio no que se asenta, e adecuada á inserción dos novos usos e instalacións.
Realizarase un gran esforzo no mantemento e conservación tanto do sistema hidráulico actual dos cursos superficiais como dos acuíferos soterrados. Con este fin, adaptarase a ordenación tanto do campo de golf como das zonas residenciais e de equipamentos ás concas fluviais e aos regatos para a conservación da rede, o percorrido da auga e o drenaxe natural. Terase en conta tamén que os pavimentos sexan o máis permeables que se poda, tanto no viario como nas zonas verdes, para que manteñan a meirande parte da auga de chuvia no propio terreo, evitando na medida do posible as escorrentías superficiais. Co mesmo fin tamén se realizarán elementos na urbanización que reteñan a auga da chuvia a maior cantidade de tempo na superficie sen verter nas redes de sumidoiros, para facilitar a súa absorción polo propio terreo e deste xeito manter o nivel dos acuíferos e lograr que non sufran un impacto grande.
Para manter a calidade das augas realizarase una actuación integral do ciclo do uso de auga da urbanización e do campo de Golf. Diferenciando os distinto consumos e segregándoos en función da súas necesidade de depuración. Tamén se fará unha reciclaxe e unha recirculación das augas usadas que poidan ser devoltas á rede para usos menos esixentes, como o rego e a limpeza de coches. Antes de seren vertidas as augas negras a rede xeral de saneamento convencional , e despois de ser reintroducidas de novo á rede as que sexan aptas para ser usadas, tratarase que a meirande parte das mesmas sexan devoltas ao terreo mediante sistemas blandos de depuración como lagunaxe, leitos de plantas lacustres e outros sistemas que permitan que a auga poida ser devolta ao ciclo natural e as concas sen afectar a calidade das augas dos regatos e acuíferos. Tamén se pode optar pola revalorización dos residuos finais da depuración das augas como abono para as propias instalacións e zonas verdes, trocando o caracter de residuo dos fangos polo de recurso útil. Deste xeito pódese conseguir resolver a depuración das augas máis preto do sitio onde se producen, co conseguinte aforro económico e a minimización do transporte e da alteración dos ciclos naturais.
Manteranse as especies vexetais existentes, conservando todos os especímenes que non impidan a implantación das infraestructura, e realizando una plantación de especímenes novos de substitución para o mantemento da vexetación o longo prazo. No caso no que fora necesaria a plantación de novos exemplares, estes serán de especies autóctonas e preferentemente das existentes no entorno. Esta estratexia atinxe tanto ao arborado como as agrupacións arbustivas e as especies tapizantes. En concreto farase un esforzo especial no mantemento dos conxuntos dos peches vexetais e das matogueiras e na creación doutros segundo as necesidades da ordenación xa que son nichos que fan  posible a vida de moitas especies animais que manteñen o ecosistema vivo, e unha gran biodiversidade. Tamén se fomentará a plantación de especies naturalmente productivas coma arbores frutais que poñan en contacto a vida urbana coas actividades productivas agrícolas e os seus ciclos vitais anuais.
A rede de comunicacións viarias integrarase na rede existente, mantendo deste xeito a accesibilidade e a permaebilidade entre os usos actuais e as novas implantacións. Na continuidade dos camiños existentes non se fará ningunha segregacións de tráficos para manter a diversidade de usos da actualidade ademais dos novos. Os novos viarios incluirán tráfico de automóveis e peonil, a haberá algúns adicados a bicicletas e outros vehículos sen motor. A situación do viario adaptarase a topografía existente e tentará manter os peches vexetais e o arborado para conservar as formas do paisaxe humano actual.
A ordenación do conxunto facilitará, dentro da adaptación á topografía existente, a obtención da orientación óptima das edificacións, buscando a apertura das fachadas principais ao sur. Neste senso o viario que dea acceso ás edificacións, principalmente ás vivendas terá na meirande parte dos casos unha orientación sensiblemente este-oeste, para que non entren en conflicto as orientacións adecuadas e as fachadas. O viario residencial adaptarase tamén á topografía para que as edificacións non voten sombra unhas sobre as outras.
A ordenación das vivendas terá relación co xeito tradicional de agrupación das diferentes construcción, adaptándose en calquera caso as novas necesidades de confort e modos de vida actuais. Neste senso poderase estudiar a posibilidade de  agrupación de varias vivendas formando pequenos condominios que compartan algúns servizos e dependencias.

ESTRATEXIAS NA EDIFICACIÓN.
As edificacións, especialmente as vivendas, adaptaranse á topografía existente, incorporando sotos para garaxe ou instalación só nas casos no que as circunstancias do terreo favorezan a escavación dos mesmos,e primando a edificación a ras de solo, en un ou varios niveis por planta.
As dimensións das edificación, e especialmente as proporcións absolutas e relativas, gardarán respecto polas edificacións tradicionais do entorno, mantendo as relación existentes entre o edificado e o baleiro dos núcleos de poboación do entorno. Non se admitirán nas vivendas máis de dúas alturas e aproveitamento baixo cuberta, e nos edificios singulares farase un estudio da altura e o volume, en función da orografía e os impactos visuais da edificación do entorno darredor.
Fomentarase a construcción das edificacións coa orientación principal sensiblemente ao sur, colocando nas fachadas desta orientación as dependencias principais e ocos cun tamaño de acordo coas dependencias e as posibles ganancias térmicas desta orientación. Nas fachadas orientadas ao norte colocaranse prioritariamente os locais de servizo e a cociña, e os ocos estarán en consonancia cos problemas de perda de calor que supón esta orientación.
Os materiais a empregar nas edificacións serán de baixo impacto ambiental contando todo o ciclo de vida dos mesmos, preferentemente  que sexan reciclabeis. En concreto en canto ao illamento non se empregarán espumas de poliuretano nin outros que incorporen nos eu proceso de fabricación gases de efecto invernadoiro, primándose a utilización de lás de roca, pastas de papel, cortizo e outros compostos por materiais naturais, renovables e non tóxicos. Non se empregará en ningunha instalación ou sistema constructivo compostos de PVC,agás que estes proveñan do reciclaxe, debendo sustitui-los por plásticos como polietileno, prolipropileno ou outros similares que non conteñan cloro na súa composición.
O tratamento do auga das vivendas e as outras edificacións farase en consonancia co que se fai en toda a urbanización. Tentarase que as augas grises procedentes do lavabo e da bañeira / ducha poidan ser reutilizadas noutros usos como o inodoro e o rego, a través dun sistema de recirculación. As augas de chuvia dos tellados recolleranse para poder ser usada en puntos de consumo que non sexan moi esixentes, ou almacenarse para outras necesidades. Preténdese que as augas de chuvia que cheguen aos terreos non edificados se incorporen aos propios terreos que as reciban o máis pronto posible dotando aos solos con materiais permeables, e nos caso en que non se poida, se reteña o maior tempo posible para favorecer a súa filtración/evaporación evitando así as escorrentías rápidas, e que sexan votadas rápidamente os sistemas de recollida.
Na concepción das edificacións terase en conta o aproveitamento solar pasivo. Para isto, ademais dos temas de orientación comentados anteriormente, promoverase a implantación de sistemas de captación solar nas fachadas orientadas ao sur, como invernadoiros, galerías, muros trombe, etc.
Para protexer as orientacións sur de sobrequecemento no verán, colocaranse proteccións, preferiblemente exteriores naturais como arbores de folla caduca, exteriores artificiais como toldos, volos e persianas exteriores. Nas fachadas norte recoméndase colocar espacios tampón para minimizar as perdas térmicas, e en todos caso illamento suficiente,e en maior cantidade que nas fachadas sur. As edificacións construiranse aportando a suficiente inercia térmica para favorecer o aproveitamento das ganancias solares, colocadas xa sexa nos muros e particións ou no chan. Terase especial coidado na concepción da cubrición, que representa unha gran parte do intercambio térmico co exterior, e de o aporte enerxético do sol.  Todo este conxunto de condicións facilitará un aforro no subministro enerxético necesario para conquerir as condicións de confort esixidas.
No aporte de enerxía externa ás edificacións, fomentarase a implantación de sistemas de enerxías renovables, como paneis térmicos para subministro de auga quente sanitaria e de apoio á instalación de calefacción, sistemas de bomba de calor coa enerxía xeotérmica do propio terreo, e outros sistemas que aproveiten aportacións locais.