Puertas en Piloño
Realizando un
trabajo para rehabilitar un viejo alpendre anexo a una vivienda, me encontré
que el portalón de entrada a la finca contaba con una hoja de madera profusamente decorada, y acabada con pintura
de llamativos colores. El marco de la puerta, de piedra, también tenía una
interesante decoración modernista.
Portas en Piloño
Realizando un traballo para rehabilitar un vello alpendre anexo a unha vivenda, atopeime que o portalón de entrada ao terreo contaba cunha folla de madeira profusamente decorada, e acabada con pintura de rechamantes cores. O marco da porta, de pedra, tamén tiña unha interesante decoración modernista.
Ao dar unha volta polo núcleo rural ao que pertencía, puiden descubrir unhas cantas portas decoradas cun estilo similar, que se foran mantendo, ao ser repintadas cada certo tempo. Outras, ao non ser mantidas coa pintura, foran perdendo a cor, e fóranse deteriorando. De outras só quedaba o recordo sobre as novas follas.
En calquera caso, o conxunto tiña bastante interese e non puiden evitar fotografalas, e debuxar algunhas delas, medindo concienciudamente as dúas portas que pechaban o terreo obxecto do meu traballo (descubrín despois que había outra auxiliar tamén pintada cos mesmos cores).
O núcleo no que se atopan estas portas é Arbián, da parroquia de Piloño no remato municipal de Vila de Cruces de Pontevedra.
Inclúo as fotos destas portas e os debuxos dalgunha delas.